A Eurocidade BTT é única
A Eurocidade BTT pretende que disfrutes dos amigos, da práctica do deporte, dun bo carneiro o espeto e sobre todo, dun recorrido único entre Valença do Miño e Tui.
Un camiño único que nos leva a un final único, podendo percorrer en bicicleta parte da Fortaleza de Valença e cruzar a meta tras unha rampla de película que nos esixirá o último esforzo.
Temos dous percorridos un de 44 km e outro de 74 km. O un punto de corte está no km 44 (o paso pola “Ponte de Ferro”, dirección Valença), de forma que todo participante que non alcance o antes das 12:30 horas, non poderá facer a marcha longa.
Nesta edición o punto de saída será na piscina Municipal de Valença ás 9:00 horas.
Subiremos o Monte Aloia (Tui) e o Monte Faro (Valença). Empezamos polas rúas de Valença e cruzamos a Ponte Internacional (Ponte de Ferro) cara a zona monumental de Tui pasando pola famosa “Corredoira”, son 5 km neutralizados pola seguridade dos participantes onde predomina o asfalto.
Poñemos rumbo cara a parroquia de Areas para baixar por unhas novas trialeras coas suas correspondentes alternativas, que vos deixaran bo sabor de boca e con ganas de máis.
De seguido disfrutaremos durante máis de 3 km do percorrido do río Furnia para afrontar a subida máis destacada de esta edición, que nos levará o alto do Monte Tetón, onde poderemos disfrutar dunhas vistas espectaculares do Val Miñor coas Illas Cíes o fondo, continuando por pistas en bo estado hacia o alto do Monte Aloia onde teremos o segundo avituallamento (sólido e líquido, Km 31) para coller folgos.
Aquí haberá un espectacular descenso que vos temos preparado este ano, con novas trialeras e sendas con alternativas, que nos levarán de novo o centro urbano de Tui, onde os que se atrevan, poderán ir pola espectacular baixada das escaleiras da zona Monumental, que nos deixarán no paseo fluvial para cruzar de novo a Ponte Internacional.
Ahí estará o desvío do recorrido curto e longo (Km 44), os do recorrido curto encararán xa a recta final ata chegar a fortaleza de Valença onde estará a meta, e os que aínda teñan folgos e decidan facer o percorrido longo terán que pasar polo desvío antes das 12:30h (hora española) para encarar unha subida inédita o Monte Faro.
A subida nos levará hacia o Monasterio de San Fins onde teremos o terceiro avituallamento (líquido, Km 52) para afrontar duras rampas onde seguro subiremos as pulsacións, ca mirada posta nos eólicos e nas antenas, onde remataremos a subida e apretaremos ben o casco para encarar o descenso que nos levará ata o río Miño e deseguido a fortaleza de Valença onde estará a meta e poderemos disfrutar do último avituallamento.
A Eurocidade está diseñada e limitida a 1.200 participantes. A proba é libre de carácter non competitivo. O percorrido curto é de dificutade física media alta con 1.200 metros desnivel positivo, e o percorrido longo de dificultade física alta e técnica media ten 2.000 metros desnivel positivo.
MAIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN:
MM
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.